AS NOSAS CREACIÓNS

NADAL MÁXICO 2014

Inspirándonos no anuncio da lotería de Nadal deste ano (esa, a do tipo que para un ano que non compra o décimo, vai, e toca), o alumnado de 5º de primaria do C.E.I.P. Coirón-Dena fixemos esta canción. Como base musical escollimos o "Happy" de Pharrell Williams, que nos deu moito xogo, tanto a nivel musical como literario.

 

  RAPEO EN GALEGO 2014

O Misterio de Fina
O alumnado de 6º de Primaria está buscando á gata Lúa. Na súa búsqueda coñecerán a moitos dos personaxes dos libros da escritora Fina Casalderrey, pasando polos escenarios das súas obras. Atoparán finalmente a Lúa?

 

Os petos de Loreto
O alumnado de primeiro de primaria cóntanos o conto dos Petos de Loreto cunha canción moi marchosa.




Gato Vermello, gato azul 

Nesta ocasión, os nenos do C.E.I.P. Coirón-Dena contan a historia de dous gatos que se levaban fatal, e iso só porque cada un deles quería ser coma o outro. Ao final do conto poderedes desfrutar coa canción que fixemos inspirados nesta bonita historia.


Bonito! O 2º Ciclo pasea por Meaño

Neste vídeo contamos, a través dunha canción cantada polo alumnado de 2º Ciclo, os momentos vividos ao longo dun percorrido polos lugares e aldeas da nosa bisbarra. 




Festival de Nadal 2013
 O alumnado de 3º de Primaria do C.e.i.p. Coirón-Dena cóntanos como son os Tres Reis Magos e como se reparten o traballo con esta marchosa canción. A base musical foi editada a partires dunha conocida canción de Tom Jones ( que por certo tamén aparece no videoclip ). 



 RAPEO EN GALEGO CURSO 2012-2013

Todos temos moi claro que os nenos e nenas do Ceip Coirón son uns artistas, eles cantan, bailan e debuxan como verdadeiros profesionais. Para que a ninguén dubide do que dicimos aquí vos deixamos os raps que este ano traballamos na clase de música e que logo interpretamos no festival de fin de curso

Os nenos e nenas de 5 anos interpretan  "Churras Churras", rap que se enviou para participar no concurso "imaxina cantares", baseado nun anaco dun poema de Rosalía de Castro, "vente, rapasa".




O alumnado de 1º de Primaria  interpreta unha particular versión de "O cuco", o poema de Manuel María ao que Suso Vaamonde lle puxo música. Esta versión é un puquiño máis moderna.





O libro "Acuario", de María Canosa (Edicións Embora), inspirounos para facer esta canción. Os nenos e nenas de 2º de Primaria cántanlle aos peixes das nosas rías con moito ritmo.
(Base musical editada a partires de "Little L", de Jamiroquai)



O conto "O galo Quirico" da editorial kalandraka , inspirounos para facer esta canción. Mirade a interpretación que fan os nenos e nenas de 4º A





Os nenos e nenas de 4º B fannos pasar un bo momento con este rap da Lingua, baseado nun canción de Migallas, esperamos que vos guste.







Os nenos e nenas de 6º de primaria interpretan esta canción, inspirada no libro de Pilar Martínez "A galiña Roxa" (adaptación dun conto popular ruso)




 Os nenos e nenas de 5º de primaria interpretan esta canción, inspirada no libro "A casa da mosca chosca" de Eva Mejuto.

 

NADAL 2012 

Moitas foron as actuacións dos nenos e nenas do CEIP Coirón-Dena no festival de Nadal deste ano. A modo de exemplo colgamos neste blog unha delas, que leva por título "O rock das badaladas de fin de ano". Nesta actuación, os nenos e nenas de 4º de Primaria explícannos dun xeito alternativo e moi movido como seguir as badaladas. O resto de actuacións podedes velas na páxina principal do colexio.

RAPEO EN GALEGO 2012

EDUCACIÓN INFANTIL: "A canción dos alimentos"...Hai que ver que ritmo teñen os nosos pequenos!

1º de Primaria: "11 damas atrevidas". Un dos temas máis pegadizos desta edición do RAPEO EN GALEGO, interpretado magníficamente polos nenos e nenas de 1º.

2º de Primaria: "A qué sabe a lúa?". Outro conto que tamén nos gusta moito, esta vez cantado polos nenos e nenas de 2º.

3º de Primaria: "O sultán e os ratos". Os nenos e nenas de 3º interpretan esta historia un tanto absurda, pero moi divertida.

4º de Primaria: "COCORICO". Un dos éxitos desta edición do RAPEO EN GALEGO. O conto deste pitiño algo desobediente interpretado con moito ritmo polo alumnado de 4º de Primaria. (Adicado a Martín, do Ceip Manuel Cordo Boullosa de Pontecaldelas, por transmitirme a obsesión polo "Gato Pelao").

5º de Primaria: "A toupiña que quería saber quén lle fixera aquilo na cabeza". Un dos nosos contos preferidos interpretados en clave de RAP polos nenos e nenas de 5º.

6º de Primaria: "Caldo de pedra". Os alumnos e alumnas de 6º cóntannos cantando este conto popular portugués.  

NADAL 2011-2012:

FELICITACIÓN DE NADAL DE 6ºB: A realización do traballo gráfico é obra do alumnado de 6ºB coa axuda do profe de Informática na aula de Tics. A música está interpretada pola alumna de 5º de primaria Alba Fariña Castaño.  

 "CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS". Coas voces, música e debuxos dos nenos do noso cole. Baseado nun conto de Chema Heras, con ilustracións de Kiko Da Silva.
  

FELICITACIÓN DE NADAL: Panxoliña con letra de Manuel María, música de Rafael Maquieira e a voz da nosa alumna de 5º de Primaria Mariña Rodríguez. Imaxes creadas polo alumnado de 6ºA na aula de Informática. Nadal 2011-2012.
 
RAPEO EN GALEGO, CURSO 2010-2011

Alumnos de 5ºB: "Croco"

Alumnos de 2º de Primaria: "Pelostortos"

Alumnos de 3º de Primaria: "Moncho e a mancha", baseado nun conto de Kiko Da Silva

Alumnos de 4ºA: "Os tres bandidos"

Alumnos de 6º de Primaria: "O casamento da pulga e o piollo"

 Alumnos de 4ºB: "Coelliño branco"

Alumnos de 5ºA: "Para que serve o galego?"

 

RAPEO EN GALEGO, CURSO 2009-2010

Alumnos de 4º de primaria: "Paco" (o rato) baseado nun conto de Paula Carballeira.



Alumnos de 3º de primaria: "Que contan as ovellas para durmir?", baseado nun conto de Kiko Da Silva.



Alumnos de 6º de primaria: "O Maio", letra de Curros Enríquez



Alumnos de 2º de primaria: "Os Bolechas teñen medo"


Os alumnos de 5º de primaria rapean "A nosa herdanza" (letra de Marcial Miramontes)

No hay comentarios:

Publicar un comentario